Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Descentralización

lunes, 30 de noviembre de -1
Cada vez que imos votar, facemos moito máis ca elixir a persoa ou o grupo político que nos vai gobernar nunha determinada parcela. Porque o elixido ou elixidos van poñer en cuestión todo o que quede dentro das súas competencias, e case todo é hoxe competencia de alguén.

Cada goberno crese na obriga de poñer todo patas arriba coidando que o puro feito de cambiar está garantindo unha boa xestión.

Hai quen quere levar para Vigo a Consellería de Pesca, como hai pouco se falaba do posible cambio da capitalidade de Santiago para A Coruña.

Eso lembra tempos nos que a Consellería de Traballo estaba en Ourense seguindo ó seu titular, e a de Turismo na Coruña. Consellerías a medida non dos administrados senón do administrador, froito dun tempo no que a Autonomía estaba artellándose e os ensaios ían proporcionar experiencia en relación co modelo administrativo a implantar.

Agora que a tendencia é a de facer nas capitais de provincia grandes edificios administrativos nos que convivan as delegacións provinciais das diversas consellerías, fálase de comezar de novo un proceso descentralizador que pode ter elementos beneficiosos, de cercanía para determinados asuntos, pero ten en contra moitos máis. A centralización de dependencias nun só edificio, facilita as xestións dos administrados, especialmente aqueles que teñen que desplazarse desde os concellos para facer xestións en varias consellerías.

Se este fenómeno descentralizador se trasladase ó goberno do Estado, supoñería ter o Ministerio de Agricultura na Terra de Campos, o de Educación en Salamanca ou en Alcalá, o de Industria en Bilbao, ou o de Turismo nas Canarias.

Deste xeito, satisfaríanse as ansias localistas de determinadas cidades e as súas forzas vivas pero prestaríase flaco favor á organización xeral e, polo tanto ó País.

O que está ben feito, nin o toquemos. Temos abondo que facer sen andar remexendo no que xa está solucionado.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES