Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Distincións municipais

jueves, 07 de marzo de 2013
As institucións municipais e provinciais sempre tiveron a necesidade de mostrar as súas querencias especialmente polos que rexían os destinos dos pobos, e antes co Caudillo Xeneralísimo e despois co Rei abundaron os nomeamentos de alcaldes perpetuos ou similares para testemuñar a devoción que polas súas persoas sentían, e a sintonía co seu papel diante do pobo e da historia.

En virtude da Lei da Memoria Histórica, os excesos cometidos polas corporacións estanse revisando e desaparecen dos rueiros ou dos Libros de Honra aquelas anotacións que máis pudor causan nos ollos democráticos dos que contemplan pegadas de tempos idos.

Pero hai outras decisións que tamén se corrixen andando o tempo cando se descubre que o honrado ou homenaxeado non respondía ao que no seu momento se considerou.

Antes da súa caida en desgracia, houbo universidade capitalina que nomeou a Mario Conde doctor Honoris causa. E que posiblemente logo non soubese como rectificar.

Como ven de rectificar o concello de Vigo retirando a medalla da cidade a Julio Fernández Gayoso, outrora procer de Caixanova con poder decisor que sobrepasaba ao do mesmo concello. Como parece querer rectificar o concello da Coruña para retirarlle o título de fillo predilecto a José Luis Méndez, cabeza visible de Caixa Galicia.

“Sic transit gloria mundi” cando son humanos os que actúan e humanos os que se homenaxea de xeito precipitado, interesado ou impropio.

A ver se os nosos representantes aprenden a lección e outorgan distincións máis medidas, máis merecidas, menos provisionais. Porque o distinguido ten que merecelo, e os seus méritos non deben caducar senón ter transcendencia ao futuro. É dicir: que non vale darlle coba a un amigo aproveitando a dignidade da gobernación do público. Hai que procurar mirar ao lonxe e render homenaxe coa conciencia de que os veñan despois non teñan que rectificar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES