Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vilaxoán: Patético Centenario

miércoles, 06 de marzo de 2013
Desde o Preguntoiro

Faime moita gracia e ráchome os beizos de tanto rir ao ler o domingo un artigo asinado por M. Villaronga. Comenta nun plan irónico o Centenario como aquela movida con moito ye-ye, contando as cousas como a un vaille na romaría. ¿Será logo a verdade absoluta o que di este Sr?.

Claro que a historia oficial non reflexa a verdade do acontecido, a verdade ten un só camiño e ese o dita o pobo, tendo moi claro que naquelas datas da Restauración de 1913 o pobo non pintaba ren e todo fíxose ás súas costas. Foi un fito histórico de como non deben facerse as cousas. Comenta de que alguén fala de “cen anos de mentiras”. Por estas latitudes vilaxoanesas, din que iso é moi feble; tiña que ser “cen anos de loito” .

Recórdolle que na época da “movida” Vigo-Madrid non existían os “ye-ye”, para unha boa información, era un movemento musical de reivindicacións ante o apodrecemento da industria naval, eran “malos tiempos para la lírica”. Algúns dos que estivemos nos anos oitenta nesa movida, estabamos o venres na rúa berrando ao carón do pobo. De ye-ye nada, maís ben indignados. ¿Vostede onde estaba?.

Comenta o Sr. Villaronga: a realidade histórica é unha cousa e a actual é outra, porén, pasados cen anos volvemos a repetir a historia, caciques en 1913 e caciques en 2013. Non se pode celebrar un Centenario coa ausencia do pobo, sen falar anteriormente cos colectivos que representan a Vilaxoán e Carril para tratar de corrixir os erros e as suspicacias que poidan existir. O acto foi patético, todo ás costas do pobo, para máis inri, dentro do bunker-concello arrodeado de policías, onde as “autoridades” o comeron e o beberon eles sós. ¿“Democracia”?. ¿Algunha diferencia da Restauración de onte á “Restauración Borbónica” de agora, concretamente neste caso?.Ningunha, soamente sepáranos o tempo.

Non se pode xogar cos sentimentos dun pobo. Sentimentos que veñen de avós, pais a fillos e a netos, ata os nenos da escola de Faxilde cantan o himno de Vilaxoán. Todo isto límase sen ferir as sensibilidades que ten a vila, onde o Sr. Villaronga está sempre botando gasolina ao lume.

Non estou en contra dos eruditos historiadores, pero por veces comenten erros sen pensar na idiosincrasia dun pobo como son : emotividade, sentimentalismo e susceptibilidade.

Non son historiador, se acaso un mal aficionado, porén, teño abondo lido moitos documentos, escritas e poemas do meu bisavó Francisco Santos Crespo que fora Secretario-Contador do Concello de Vilaxoán, onde levaba as contas, deixándoo moi saneado e con superávit no final do Concello. Foi unha persoa crítica coa anexión e logo defenestrado polo Concello de Vilagarcía pola súa posición. Sr. Villaronga, eu tamén teño sentimentos, emotividade e orgulloso estou por ser o seu bisneto. Isto no quere dicir que non estea de acordo nun vindeiro futuro coa concentración de concellos, pero xogar cos sentimentos dunha vila que foi Concello, é intolerable.

Recomendo ao Sr. Villaronga que sexa moito máis susceptible con Vilaxoán, que se achegue de cando en vez a tomar unhas copas que non teño ningún reparo en invitalo. Non encanto, repase a letra dunha sonada canción de Xosé Afonso: “Grándola vila morena - O povo é qem máis ordena”.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES