Na fin de semana, a política
Editorial - lunes, 04 de marzo de 2013
Andan os políticos en exercizo coa actividade propia do seu cargo, con actividade externa e interna moitas veces mesturada, tendo o sábado pasado unha mostra de actividade especial nas terras lucenses.
Dunha parte, o Partido Popular con congreso en Burela, sitiados os participantes por manifestantes sobre as cuestións máis actuais, mesturando temas tan difícilmente encaixables como auga e aceite, pero cabe supor que o PP está afeito abondo a que os seus contrarios porque os oponentes políticos non fan iso- utilicen todo tipo de armas contra eles e as súas actividades xa que non o conseguen cando os galegos exercen libremente o dereito ao voto.
Doutra, o PSOE coa natural axitación interna cando se trata de elixir o que vai patronear a nave galega do partido nos próximos anos, rexistrou a posta de largo da iniciativa de Gómez Besteiro de postularse para Secretario Xeral do partido en canto Pachi Vázquez se decida, para a que non parece que vaya ter demasiados problemas especialmente se José Blanco segue ocupado en solucionar os seus problemas coa Xustiza.
Os galegos estamos ben afeitos a que o poder efectivo veña residir nas deputacións provinciais Besteiro é o presidente da deputación provincial de Lugo e aí están os exemplos de Cacharro e Baltan como os máis senlleiros exponentes do que os organismos provinciais seguen influíndo en Galicia.
E así como o PP segue unha liña de continuidade no liderado provincial lucense, como hai unhas semans se evidenciou a escala galega, o PSOE que necesita revitalizarse, reafirmarse, atoparse- comeza a moverse. As dúas evidencias na mesma fin de semana. A vida segue.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora