Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Petiscos co café

lunes, 04 de marzo de 2013
Para que se serven os petiscos que ofrecen as cafetarías? Para que baixe ben o que se está a beber? Para que a bebida acompañe ao bocado? Porque se entende que hai fame? Ou quizais para que o aperitivo sente tan ben que ao momento che dean ganas de pedir algo máis de beber?

Agora chega a pregunta do millón: por que non se lle ofrecen os petiscos aos que tomamos cafés? O café tamén se bebe. O café tamén pode acompañar ao bocado. Os que tomamos café tamén temos fame. E se a tapa senta ben, tamén nos pode entrar a gana de pedir outro café. Quen sería o primeiro listo que dixo que aos do café nin un bocado! Coma se fósemos apestados.

Eu teño tomado aperitivos (que lle ofrecen aos que están comigo, claro) e nin me trousei, nin vomitei nin notei nada raro. É máis; simplemente se me viña á cabeza se o petisco estaba bo ou non. Non analicei para nada se correspondía comer o bocado co café; tan só mascaba e tragaba, e quedaba coma Deus! Dá un pouco de mala uva ver cómo se lle ofrecen aperitivos aos demais e os dos cafés quedamos a velas vir.

E non digamos xa daquelas cafetarías que tan só lles dan os bocados aos amiguetes, aos máis habituais. Eu, se dan petiscos, quero o meu co café! E a partir de agora, se non mo dan... arresto a cafetaría! Queda dito.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES