Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

San Rosendo, bispo en Foz

domingo, 03 de marzo de 2013
Hoxe é día de San Rosendo, efeméride que nos toca de preto, pois é patrono da diócese e sobremaneira ós focegos, xa que foi bispo de San Martiño e, segundo as crónicas, o gran impulsor da hoxe basílica.

Nacera o ano 907 en Santo Tirso, preto de Oporto. Bispo tamén en Iria Flavia e Compostela e creador-protector de varios mosteiros; fundador do de Celanova. Acaso o persoeiro mais importante da Galicia do s.X, a súa obra abrangue os mais diversos aspectos. Personalidade que entroca coas principais vellas estirpes da nosa terra, no pazo de San Martiño residía co bispo Sabarico II, seu tío, que de Dumio trouxera a Sé Episcopal, baixo cuxa protección se formaba.

En 925 finou aquél quedando vacante o bispado; o sucesor debe elixirse entre os clérigos daquela igrexa e resultou escollido Rosendo, aínda que él non aceptaba de bó grao dada a súa idade de tan só 18 anos, pero día a día o seu nome gañaba en respecto e prestixio: non se díu conflicto de importancia na Galicia daquela época sen que fose invocado como único que podía tranquilizar os ánimos, poñer remedio e dar solución ós mais agrios e ásperos retos.

Polo 934 concibíu a idea de fundar un gran cenobio e consagrou á obra todolos esforzos, deixando para a posteridade a magnificencia do Mosteiro de Celanova.

Santo Tirso é un dos mais fermosos rincóns do Douro Litoral, onde cada lugar é un xardín e unha xanela aberta sobre a verdescente paisaxe. O mosteiro de san Benedicto, no centro urbán, fundado no s.X dinamizou o devir da cidade. Monumento Nacional, no museo exhibe os achados arqueolóxicos locais e nel realízanse variadas exposicións: o día que nós o visitamos ollamos unha moi curiosa de guitarras e violas.

No noso nomenclator personal Santo Tirso é “a vila-xardín”: lugar precioso!.Nas rúas e espacios públicos abundan as árbores, as flores, a vexetación, nun entorno urbano armónico, sen estridencias: un bó espello no que mirarse…
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES