Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A ofrenda dos galegos, ¡en galego!

martes, 07 de junio de 2005
Desde 1669, os sete alcaldes das cidades do antigo Reino de Galicia, xúntanse en Lugo na infraoctava do Corpus para facer solemne ofrenda a Xesús Sacramentado no altar maior da catedral.

O pasado domingo foi o día sinalado, e o Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, fixo a ofrenda.

Ofrenda do Antigo Reino, respectando a tradición. Ofrenda das sete cidades, diante dos seus rexedores. Ofrenda con 336 anos de historia, que ten moito de relixiosa, porque así era o espíritu imperante no momento de iniciala, pero ten moito tamén de reafirmación como pobo, de unidade dos galegos, de pervivencia do vello espíritu de comunidade neste fisterra, que como poucas nota e asume a súa diferencia.

Por eso, polo simbolismo que o acto ten, a misa foi integramente en galego, e eso que a Igrexa sempre foi –con honrosísimas excepcións– moi por detrás na realidade do noso idioma.

Por eso, o bispo de Tui-Vigo, Monseñor Diéguez Reboredo, que oficiou a misa, falou tamén en galego; porque o marco era o preciso para tal expresión. Por eso, o Orfeón Lucense, que cantaba a misa cantouna en galego.

Só o oferente do antigo Reino de Galicia, Alcalde de Tui, falou en castelán.

Non é que o destinatario da Ofrenda non entenda o castelán. Pero en Lugo/Galicia, en tal ocasión entende mellor o galego.

Non é que os presentes na Catedral non entendesen o castelán. Pero seguro que se sentiron –ou deberan– agraviados diante da inoportunidade do oferente por non saber elixir o idioma axeitado.

Falar en castelán neste acto, é o mesmo que acudir a face-la Ofrenda con bermudas e chanclas; contar chistes verdes no decurso da ceremonia, ou intentar bailar un tango agarrado co Dean da Catedral, para darlle a paz.

¡Vaia por Deus!. Ó que chegamos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES