A Lei Anticorrupción fana os corruptos
Otero Canto, Xosé - viernes, 01 de marzo de 2013
Hai un olor nauseabundo, fedente, que sae dos nosos políticos e arrecende o aire irrespirábel da sociedade, anda por riba das nosas cabezas e salfire.
Falo dalgúns dos nosos políticos, mais de nosos non teñen nada, máis ben están contra nós, somos como un inimigo a bater, a aniquilar decontino.
Tiñan que ser persoas ao noso servizo, pero sérvense de nós para medrar eles e para medrar os que os compran; a nós demólennos, somos edificios ilegais nas leis que eles editan e publicitan. Sácannos o diñeiro a través dos impostos e dos recortes, estreitan as posibilidades educativas e sanitarias para chegar a unha vasalaxe presentida polos lances, que coa súa especial cana de pescar o que conseguiramos ao longo da historia vannolo sacando a cada lance entre socalco e socalco da ribeira, como se de troitas ou peixes se tratase: hoxe tócalle á xustiza, mañá á investigación, pasado á educación, disminución de bolsas, Erasmus, soldos, extraordinarias, dereitos adquiridos, días de lecer, . . e así estamos nun continuum; mais eles ao seu, danse a volta, e van facer unha lei da anticorrupción nada menos que senón todos, si unha boa parte dos corruptos.
Seguro que lles ha de ir moi ben!, imaxínense vostedes, isto é coma o lobo que se pon de gardián das ovellas a verdade é que mellor garda non a hai -, porén os comidos sempre seremos nós. Váianse vostedes porque nos feden de lonxe e deixen as novas xentes e ás xentes vellas e novas construír a democracia que merecemos.
O seu sempre afectísimo, Xosé Otero Canto.

Otero Canto, Xosé
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora