Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Santa Compaña

jueves, 28 de febrero de 2013
Na comunidade de Madrid están pechando colexios públicos e segue financiando centros escolares do Opus Dei. A Conselleira de Educación Lucía Figar, pecha os colexios baixo un eufemismo de: “unha reorganización de centros, para adecuar a capacidade dos centros ás necesidades de escolarización e demanda dos mesmos”. Isto non é máis que unha privatización encuberta, mentres séguese dedicando financiamento aos centros concertados que segrega por sexo e moitos deles xestionados polo Opus.

Son uns razoamentos miserentos, ou sexa, temos que financiar o privado para que os pais poidan elixir. O que pretende é que exista unha oferta educativa con un determinado eido ideolóxico, ultracatólico, pagado por todos os cidadáns . Queren rematar coa educación pública, degradando as aulas coa masificación de alumnos, deixando sen dotación económica e desviando os fondos a esas escolas privadas. Están deixando a Constitución como unha prostituta (con moito respecto a estas mulleres), aproveitando o xéame dunha maioría absoluta (28% de votos) para facer un grande negocio privado, desposuíndo á maioría da poboación dun ensino necesario para o futuro deste país.

Desprezan a educación infantil do pobo para crear analfabetos e escravos e que teñan o máis mínimo coñecementos culturais. ¿Por qué?. Porque a cultura é case sempre, sinónimo de liberdade, rebeldía e insubmisión contra os asoballamentos cometidos por estes cobizosos e aliados desa “Santa Compaña” , declarada perigosa en Bélxica.

Estes cobizosos ideolóxicos levan a unha xeración á máis absoluta ignorancia, estas accións as vou a catalogar cunha palabra que aínda non atopei en ningún dicionario: “paleofanticios”. Xamais os escravistas, permitiron que os seus escravos tivesen o máis mínimo de cultura. Este é outro máis dos esperpentos dos que veño anunciando en moitas opinións.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES