Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Partidos establecidos

jueves, 28 de febrero de 2013
O réxime de partidos políticos, garante de democracia, parece ter – tal como agora se entende- os seus días contados.

Porque se hai trinta e tantos anos foi a solución perfecta para respaldar unha monarquía que herdaba unha longa dictadura, e se considerou que a sociedade precisaba dunha solución así, nestes tempos de rodaxe da máis longa experiencia democrática deste país, os cidadáns ven rematada unha etapa cando consideran que os políticos son neste momento un dos principales problemas do Estado.

Os que están chamados a ser solución e buscar solucións resultan ser o problema, nun contrasentido difícil de explicar e imposible de asumir, polo que se impón un período de análise e estudio para buscar solución a cun calexón que ten que ter algunha saída.

Cando apareceu o movemento do 15M pensouse que podía ser unha solución ao problema, non porque fose a convertirse na continuidade e garantía dun sistema senón porque conseguiría que os partidos políticos e os políticos que os forman tomasen boa nota do camiño que non deberían seguir e da necesidade de reconducir comportamentos.

Esmorecido o movemento do 15 M, reducido nalgunhas cidades a unhas mínimas concentracións escasamente testemuñais, non parecen os partidos tradicionais ter tomado conciencia do grave problema no que están metidos e da necesidade de endereitar a súa traxectoria.

E nestes momentos, en que todo se cuestiona, sería ben que os responsables dos partidos políticos fixeran detido examen de conciencia, propósito da enmenda e acordasen estratexias conxuntas ou en solitario de cara a un tempo novo que eles deberan abandeirar antes de que sexa demasiado tarde.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES