Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ti, máis

martes, 26 de febrero de 2013
No momento que un partido político ten problemas, e estes son afeados polos contrincantes, xorde a –suponse que- natural tendencia a rebatir a crítica sinalando ao crítico as deficiencias que el e os seus teñen na mesma materia.

E se se observa unha razón nese combate dialético, bótase en falla que non haxa explicacións, que nunca as hai alomenos de xeito convincente, e o único que sacamos en claro é que se un grupo ten problemas o outro tamén os tivo, ten ou terá.

Do mesmo xeito cando á vista de problemas planteados se ofrecen ao público datos, estatísticas, declaracións, cifras... os que se consideran “contrarios” queren facer uso tamén das mesmas armas arroxadizas para demostrar non só que son tan demócratas coma os que máis, senón que son capaces de abrir portas informativas máis e mellor.

E non se dan conta que non se trata diso. Non se trata de que proclamen a súa inocencia, de que nos ensinen declaracións, de que nos abran as súas contabilidades. Trátase de que a política deste país, caída nunha irracionalidade que todos apreciamos, se racionalice e non só nos aspectos económicos senón en todo o demais.

Non se trata do de “Ti, máis”. Eso xa o intuímos, coñecemos, sabemos. Pero ninguén di: ata aquí chegamos, e desde aquí borrón e nova conta para que todos saibamos o que facemos, como o facemos e por qué.

Non sabemos se eso será posible. O que sí sabemos é que é imprescindible. Tal como estamos, como vamos, como se presentan, como os vemos, non imos a ningunha parte. E para unha viaxe así, nós non precisamos alforxas. E se nos enseñan o contido das súas, non o imos crer.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES