Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O raio láser

lunes, 25 de febrero de 2013
Corría polo alto do tellado fuxindo do raio láser que me lanzaba un neno de cinco anos dende a ventá dun edificio a uns dez metros de distancia.

Gotas de suor cubrían a miña fronte porque vía que o raio láser estaba a piques de chegar ao talón dos meus pés. De calquera dos dous pés. Porque, ao correr, primeiro quedaba atrás un pé e despois quedaba o outro. En calquera momento o raio láser podía picar nun deles e xa me vía coa morte nos talóns.

Xa sei que o raio láser semellaba un xogo para o neno, pero eu nunca tal vira que unha luz correse detrás de min e case á mesma velocidade. Tamén sei que a velocidade da luz é máis rápida aínda ca un suspiro; emporiso era o neno o que facía que esta fose máis lenta. Aínda así tíñalle medo. Non quería morrer a causa dunha picada de color.

Seguín correndo polo tellado e cando este rematou, lanceime ao baleiro.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania