Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Engalanar Lugo (Galiza) por dentro e por fóra

lunes, 06 de junio de 2005
O noso alcalde chamou a engalanar a cidade ("ornar balcóns e fachadas para que Lugo luza a súa mellor cara diante as delegacións do Antigo Reino de Galiza"). Boa intención, pero curta ao non aparecer a motivación orixinaria xa que a Festa non naceu para se lucir diante as delegacións oficiais senón para "confesar, honrar/agradecer a presencia do Señor na cidade do Sacramento". (Ver escudo)

Insisto na idea do encabezamento: tanto os veciños/as de Lugo coma as persoas das delegacións, na catedral e nas rúas, todos/as temos de ir engalanados/as tamén por dentro, cheos de boa vontade, de verdade, de xustiza, de amor.. Pode ser na liña de Cáritas: "Ninguén sen futuro: Pan e viño para todos". Traducido: ningún galego/a sen cultura, sen fe (sen ter en Quen crer/esperar), sen formación, sen traballo, sen vivenda...e sen oportunidades para levar unha vida digna.

Non se pode vivir de triunfalismos, enganos e mentiras. O desmadre do tempo de eleccións. A realidade é distinta da que se pinta. Velaí detalles: O mundo rural está na UCI, segue galopante a despoboación do campo, non hai nenos/as, os anciáns malviven en soidade (faltan 10.000 prazas nas residencias galegas), desapareceron miles de explotacións agrarias... A emigración interior (Canarias, Catalunya, etc...) vai a máis (25.000 nos últimos anos). Só das parroquias que eu acompaño están a traballar fóra, lonxe, agora, 22 persoas (dun censo de 150).

Se falamos en termos comparativos, os soldos/pensións e a calidade de vida está a moita distancia dos noso países veciños (País Vasco, Catalunya, Rioxa, Delta do Ebro, País Valenciá, etc...). O ritmo de crecemento é moi inferior aquí. Seguen vivas as desigualdades e o caciquismo non foi desbotado. Ademais do campo abondan os problemas nos sectores obreiro e pesqueiro. (O sector da conserveira galega reducíu a 1.600 empregos no último ano e aínda cheira o da anchoa).

A cúpula da administración civil e relixiosa galegas está, hoxe, en Lugo.
Vai haber declaracións. Rógolles que en vez de guindarlle os nosos problemas ao Señor Sacramentado teñan a homía/valentía de recoñeceren os seus/nosos erros e limitacións e lle pedir luces e forza para resolvelos.
Confíen no Señor e no Pobo e asuman as súas responsabilidades. Cadaquén no
seu eido. Sociedade e Igrexa. Non nos xulguemos/condenemos. Tentemos de
camiñar na Verdade, Xustiza...e chegará a Unidade, a Irmandade, o Amor. Iso
serve para crentes e non crentes.

O compartir o pan (as riquezas), solidariamente, agora e aquí, na nosa Terra, non é traballo do Señor senón que é encargo/misión nosa: de todos nosoutros.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania