Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Natureza galega, berce chairego

lunes, 25 de febrero de 2013
Rematamos coa serie de poemas cos que o xurado do XXXVII Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal me considerou merecedor do segundo premio. Agardo que a súa lectura lles resultase de interese e lles fixese pasar un bo rato.

O meu agradecemento de novo ao xurado, e a todos vostedes por pasar estes minutos na miña compaña.

III Natureza galega, berce chairego

Alguén dixo que as árbores non falan?
Eu oín o cantar triste dos piñeiros,
ninguén dixo que os carballos cantan?
Eu escoitei as súas cantigas nos outeiros.
Nun belén na ribeira do Ladra
dous labregos non son quen de derrubalas.

Falei cos carballos e chorei cos pradairos,
coñezo o seu son,
chorei cos castiñeiros e falei cos bidueiros,
coñezo as súas bágoas.
Aos pes de Xesús Rei,
elas brincan, rin e bailan.

Aos pes do neno rei, agasallos,
dende o adarve das murallas, ameazas.
O romano era forte,
a espada asasina.

Vellos druidas falaban da terra dos bosques,
do país das augas,
vellos bardos cantaban do país das meigas,
da terra das fadas.
O invasor chamoute terra de lobos,
Gallaecia, fogar dos bárbaros,
Sabían o que facían?
Sabían,
chegaron e quedaron.

Mais a espada non vence unha ilusión,
e a ilusión ten o berce do neno,
leva a maxia da chaira,
respira arumes chairegos.
Dende as ribeiras do Ladra cara o ceo
un neno chegou, e quedou.
Núñez, Pablo
Núñez, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES