Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A historia interminable

viernes, 22 de febrero de 2013
As historias xeralmente sábese como comezan. O difícil é saber como rematan e cando.

Inmersos en numerosos procesos xudiciais, políticos e empresarios galegos están suxeitos a un procedemento que comezou hai tempo nalgúns dos casos, e que non leva trazas de rematar porque do mesmo xeito que nun cesto de cereixas unhas van levando ás outras, neste caso as vinculacións entre persoas, institucións e empresas van deparando novidades na investigación que avanza como por entre as polas dunha árbore frondosa sen que polo momento se vislumbren os extremos.

As investigacións poden ter empezado por un determinado tema, pero este complícase, faise máis complexo a medida que aparecen novos protagonistas, sexan estes titulares ou comparsas dunha representación que se vista desde fóra pode parecer comedia para os participantes é ou pode desembocar nunha traxedia persoal.

Cabe pensar que moitos dos implicados, pola pequena dimensión da súa participación e mesmo polos usos e costumes vixentes ata agora, teñan plena conciencia da súa inocencia, pero os temas non son como os ven os afectados senón como desapasionadamente os ve quen ten competencia para esta supervisión e á luz da lexislación vixente que é diáfana en canto a como se deben tratar os asuntos públicos.

Agoa que a crise non só fixo remover os cimentos do mundo económico e empresarial senón que produciu réplicas en todas as esferas da actividade humana, está a sociedade plenamente sensibilizada en canto a comportamentos, actividades, as relación entre o público e o privado. E o que noutro tempo podería ser unha anécdota é hogano tema principal.

Así, non é extraño que vivamos unha complexa historia interminable, coral, na que os protagonistas se multiplican arredor dun nudo común. Ogallá que todo redunde nunha clarificación exemplarizante que poña no seu sitio a todos os participantes e que nos dea pautas para ver con novos ollos democráticos e legais todo o que está a acontecer ao noso arredor.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES