Os ourizos, en sazón
Fernández, Suso - viernes, 22 de febrero de 2013
Os ourizos de mar, equinodermos de exquisito gusto, presencia pouco atractiva e engorrosa manipulación, infravalorados por uns e moi apetecidos por outros, considéranse dos alimentos mariños que mellor poden disfrutarse sen elaboración previa nen aliñamento que desvirtúe o seu sabor.
Viven en fondos cheos de farallóns e o seu alimento son as algas, daí que saiban tanto a mar; Julio Camba, no libro La Casa de Lúculo o el arte de comer, dí: o ourizo é un extracto de mar, un hálito de borrasca, unha esencia de tempestades.
O que comemos neles son as glándulas xenitais, de color amarelo alaranxado. A preparación adoita ser simplemente cocido; pero ofrece outras posibilidades culinarias ás que cada día acceden mais persoas que senten curiosidade por unha cociña imaxinativa e que atopan neles a oportunidade de novas experiencias, moi satisfactorias.
Ao permitir a conxelación, en calquera época poden facerse revoltos, que con gambas ofrecen un singular sabor, servindo de base para salsas que en casos, como acompañando ao rape, forman un prato exquisito; e un paté de ourizo traslada ao pan todo o sabor do mar...
No noso contorno o oricio, como eles chaman, ten especial aceptación entre os asturianos e acompaña moi ben ós culines de sidra, esa gran bebida natural, fresca, diurética, compañeira inseparable da ampla pitanza nas gozosas espichas.
No litoral focego, dende A Ronqueira aos castelos de San Pedro en Cangas abundan os ourizos; na zona atópase a pena Ouriceira, de nome alusivo ó feito.
Según os biólogos, o ourizo é unha especie delicada. Cada exemplar tarda cinco anos en conseguir talla comercial; é decir, facerse adulto e desovar ao menos unha vez. Esto fai que, para a recuperación dun banco esquilmado, sexan necesarios ao menos dez anos e, para melloralo e amplialo, outros cinco.
O ourizo de mar, que agora mesmo está en sazón para o consumo, é un manxar singular, exquisito, de sabor non equiparable, merecente dos cuidados e atencións precisos para a súa pervivencia: é un luxo a conservar e disfrutar

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora