Mariloli
Cardalda, Theo - jueves, 21 de febrero de 2013
Desde o Preguntoiro
Mariloli Cospedal intenta vender 57 montes públicos que supón máis de 40.000 hectáreas que están cualificados como espazos naturais protexidos incluídos na Red Natura 2000. O cabalo de Atila, chamado Othar, non vendía a herba que non crecía ao seu paso. Non encanto, a Sra. das peinetas e multisueldos, vende a herba as árbores, os montes, hospitais e os colexios. Non conforme con aumentar o paro na Comunidade que preside, cargarse os servizos sociais, agora ten a ousadía de limitar os espazos onde a cidadanía pode pasear e gozar da natureza.
Coido que isto vai ser un grande pelotazo cinexético dos amiguetes da Sra. da peineta. Agora xa non inverten no ladrillo, senón que esquilmaran a flora e a fauna autóctona e logo serán subvencionados con diñeiro do pobo para facer negocios con cacerías e campos de golf.
Aínda lembro aquel dito dos anos 60-70 na TVE: cuando un bosque se quema, algo tuyo se está quemando. Hoxe xa podemos dicir: algo tuyo se quema......Sr Conde. Desta maneira son estes salvapatrias de postal. Esta Mariloli estase pasando cen pobos nas súas funcións dunha maneira salvaxe, atribuíndose a pertenza da Comunidade como se fora un cortijo particular. Cando rematen de vender o país, ese que tanto din que aman e queren, fuxiran como furricallos a cobrar o premio nas Islas Caimán que o tesoureiro Bárcenas repartirá en sobres lacrados.
Que mágoa, estannos a gobernar con: ....el que se fodan.... . con peinetas Cospedal,....con biquiños.... Virxe do Rocío.....coas peinetas de Bárcenas.....coas mentiras. Xa está ben de tanta chulería, xa non é que se rían de nós, agora descojónanse de rir a beizo rachado.
En fin, que algúns deses cidadáns que lle deron as chaves das súas cadeas que os teñen presos, que non se queixen. Son cousas que pasan por elixir á raposa a coidar o galiñeiro.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora