Empresas públicas
Editorial - jueves, 21 de febrero de 2013
As administracións réxense económicamente por un presuposto anual, no que figuran ingresos e gastos, repartidos por capítulos e conceptos, dos que non é posible sustraerse senón a través de lentos e complexos mecanismos legais.
E para a súa actividade en relación coas empresas que prestan servicio externo, hai unha Lei de Contratos, garantista en canto ao respecto dos intereses públicos como da libre concurrencia por parte de calquera particular en igualdade de condicións.
Por iso, en tempos de alegría económica, as institucións locais, provinciais, autonómicas ou estatais crearon figuras que sen desvirtuar a norma puidesen sorteala de xeito efectivo, sendo as empresas públicas tamén hai patronatos, axencias e outras figuras legais- as que tiveron máis éxito xa que podían actuar coa axilidade dunha empresa privada, sen someterse aos trámites dunha actuación pública, aínda que estas empresas tivesen capital público.
Tiveron unha tremenda aceptación estas figuras legais, pola libertade da actuación, pola libre elección de persoal, polas decisións rápidas e directas dos temas da súa competencia, que se abusou desta figura e moitas chegaron a ser denominadas pexorativamente chiringuitos pola súa discutible executoria.
Postos a facer tabula rasa de tantas cousas, o Goberno pretende que non se constitúan máis empresas públicas municipais e se eliminen as existentes en lugar de racionalizar o seu cometido, co que de inmediato revertirán nos concellos os cometidos destas entidades, e provocarán conflicto co persoal das mesmas que rematará incluido nas plantillas municipais como ven sucedendo en casos semellantes.
A decisión pode poñer algo de xeito no complexo mundo da administración municipal que pudiésemos chamar complementaria. Pero moito nos tememos que cause máis problemas dos que vai solucionar.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora