Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Exemplos de dimisión

miércoles, 20 de febrero de 2013
Houbo sempre neste país a seguridade, e a evidencia, de que a dimisión era o menos utilizado dos procesos democráticos de abandono do poder. Quizais por ser difícil o acceso ao poder, os que ostentan cargos son reacios a abandoalo de xeito voluntario.

E sen embargo vanse producindo exemplos, sempre forzados ou condicionados para a toma desa decisión, especialmente dos políticos que se ven implicados nun proceso xudicial, chegado un determinado momento procesal, xeralmente a imputación, que abandoan o cargo tanto para poder defenserse con maior liberdade como para non danar á forza política que representan cos seus problemas persoais. E as resistencias que poidan producirse acaban caendo movidas polas altas esferas do seu partido, polos compañeiros de filas ou pola presión popular.

Que todos aqueles que deixan o cargo, se logo se demostra a súa inocencia, deberían poder volver cunha aureola de inocencia aos postos que ocuparon pero moi difícilmente se produce algo así, dunha banda porque os procesos xudiciais son moi longos, demasiado longos, e doutra porque cando puidera producirse a volta o posto está ocupado por outros compañeiros, e ao que pretendese a volta ao lugar abandoado pasoulle o seu tempo político á vez que sufríu unha condena popular e mediática só polo feito da súa imputación.

Por se fixeran falla exemplos de dimisións nas alturas temos a recente da raíña de Holanda por considerar cumprida a súa etapa como monarca, e a do Papa por motivos de saúde. Pero neste campo non é o exemplo o que funciona, senón un xogo de loitas sen cuartel onde só os máis implacables teñen sitio reservado, e onde o aferrarse ao cargo é a primeira regla a cumprir.

Neste caso, os exemplos, son pura anécdota. Nin siquera un antecedente no que mirarse ou apoiarse. A política para moitos é a vida, e a defensa da vida o principio básico da existencia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES