Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

José Blanco polas estradas de Lugo

miércoles, 20 de febrero de 2013
As estradas que conectaban e conectan á provincia de Lugo coas colindantes e co resto do Estado, aínda rexistran importantes carencias, que a crise actual pode manter durante bastante tempo.

As comunicacións co norte da provincia, coa Costa lucense, foron durante moitos anos tremendamente deficitarias, mentras que eran manifestamente mellores as que nos unían ás terras coruñesas co que boa parte do turismo lucense se desviou cara á veciña provincia.

E nada poderá facernos esquecer que se temos autovía que nos une con Madrid e coa Coruña é precisamente porque estabamos no medio e non había máis remedio que pasar por Lugo para trazar primeiro a Nacional VI, e despois a Autovía do Noroeste. Nestes momentos o norte da provincia ten solucionado as súas máis importantes comunicacións xa que se a autovía nos conecta coa Coruña e Ferrol, a autovía A8 lévanos cara ao norte e desde alí a todo o norte español.

Pero o sur é o problema. Ourense sempre estivo moi lonxe polas malas comunicacións, e os contactos de Lugo con Ourense sempre foron moito menores que con calquera outra cidade, sen máis causa que as facilidades (ou as dificultades) de comunicación.

E Santiago, que se en tempos era unha cidade episcopal e universitaria, ao convertirse na capital de Galicia, esixía conexión directa con todas as cidades galegas, todas elas o teñen conseguido, menos Lugo. Desde Lugo a Santiago, para esquecer a imposible estrada tradicional e directa entre as dúas cidades, pasando por Guntín, Palas de Rei, Melide e Arzúa, os lucenses imos cara a Coruña por autovía, chegando a 17 kilómetros da Coruña, e logo por autopista de pago, rodeando preto de trinta kilómetros. E para os que non queiran pagar peaxe, ir ata Guitiriz, e desde alí, por estrada problemática, por Teixeiro e un sen fin de localidades máis.

Para solucionar o tema da comunicación con Santiago está trazada e estaba en realización unha autovía que ven de ser paralizada por causas económicas, precisamente no tramo entre Palas de Rei e Guntín.

O deputado do PSOE por Lugo, José Blanco, que deste tema debe entender por ter sido ata non hai moito Ministro de Fomento, ven de instar ao Goberno central a que evite a paralización das obras da autovía Lugo-Santiago, calificando esta vía como eixo fundamental para o artellamento das comunicacións da Galicia interior.

Aínda temendo que a proposta de Blanco teña pouco éxito diante dun Goberno especializado en todo tipo de recortes económicos, está claro que o deputado lucense ten todo o dereito para poñerse farruco co goberno nun tema no que puxo tanto empeño mentras estivo no cargo, e que para esta provincia é simplemente un feito de xustiza, mesmo de xustiza tardía, para unha inxustiza da que xa non protestamos por estar tristemente afeitos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES