Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Distincións

viernes, 03 de junio de 2005
Distinguir entre varios unha determinada persoa é facer "distingo", é destacar ou diferenciar.

E eso utilízase para o mal ou para o ben; para destacar quen beneficia de xeito especial á súa comunidade, o que se esforza por mellorar ou aquel que rompe as regras de convivencia e merece ser repudiado. Distinguir, pois, é sinalar un entre varios, ós efectos oportunos.

As institucións, públicas ou privadas, fan periodicamente distincións entre persoas para destacar de xeito positivo determinados méritos.

O goberno do estado concede premios literarios ou artísticos, nomea ou inviste, premia traxectorias ou actuacións. Os concellos designan fillos predilectos ou adoptivos. As parroquias, asociacións ou xuntas veciñais nomean parroquianos do ano, asociados de honra ou xunteiros distinguidos... As Academias elixen novos membros. Os gobernos autonómicos conceden medallas ou cruces, con motivo do Día da Comunidade ou porque sí.

A Xunta, o noso goberno autonómico, ven de conceder as distincions anuais que reciben o nome de "Medallas Castelao", na honra do noso primeiro pensador e galeguista, ou Medallas de Galicia na súa categoría de ouro, prata e bronce.

Contamos ata 45 medallas: 9 Castelao, e 36 de Galicia das que 3 son de ouro, 11 de prata e 22 de bronce.

Sen dúbida, todas elas son merecidas, pero parecen moitas.

Ocorre en tódalas concesións: quérese contentar á maior cantidade posible de persoas. Pero a maior cantidade, menor repercusión das distincións, máis diluídas resultan as designacións, e se ben todos contentos o nivel de consideración baixa, co que as distincións son menos fortes do que deberan.

Que existen galegos dignos de ser honrados, ¡seguro!. Pero cantas menos distincións se concedan máis valoradas serán. Cantos máis resulten distinguidos, menos distinguidos serán entre os seus concidadáns.

Pero as Medallas ahí están. ¡Noraboa a todos!. Todos as merecen. Todos os que están, son.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES