Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ada Colau

miércoles, 20 de febrero de 2013
Hai máis ou menos dúas semanas asistimos atónitos á incrible declaración de Ada Colau no Congreso dos Deputados como representante da Plataforma de Afectados por la Hipoteca. Entón puidemos escoitar, outra volta, todas aquelas verbas que a miúdo nos costa pronunciar. Ada foi capaz de poñer no seu lugar a aqueles que nos gobernan dende outra dimensión, sen ter conciencia de Pobo e con pouca humanidade; iso si!

Cunhas poutas ben aguzadas para que o poder non se lle escape das mans, cunhas botas ben fortes para pisar a quen faga falla e con “forzas de seguridade” para protexer o seu propio interese.

De vez en cando estes señores chaman ao seu palacio á xente común para ver como vai a vida. Desta volta tocoulle a Ada, que con voz firme e decidida empezou a relatar a brutal violencia física e estrutural que están a producir os desafiuzamentos. Moitos pensamos que por fin se falaba de humanismo no Congreso, por fin a rúa pasaba ao Parlamento que lle pertence como Pobo cando Ada debuxou a realidade con verbas certeiras, mirando aos ollos á mentira e contrastándoa co mundo no que viven milleiros de cidadáns (non pertencentes á clase política e financeira). Entón o Congreso tivo na súa voz a representación do Pobo, do Pobo real, do que sofre e ergue día a día este país de chiringos.

Logo falouse moito da pouca educación de Ada, de que non podía dirixirse así ao auditorio, e de que era inadmisible o ton que utilizou. O ton e a forza de Ada non é máis que a firmeza e a ética da que o poder político e financeiro carecen, por iso cada vez imos a peor; e por iso, tamén, os noticiarios falan de macroeconomía e non da vida real, que agocha historias aterradoras.

Cando Ada falou sentín que o Pobo ordenaba, que a vida real entraba na “cámara do Pobo” e que as conciencias agromaban noutro abril. Pero Ada utilizou o seu tempo e calou, entón volveu a verborrea de sempre que utiliza un tempo ilimitado para non dicir nin resolver absolutamente nada. Iso si, acusou á activista de falta de respecto e de ter pouca educación. A conclusión é simple: baixo esa aura de vocación de servizo e entrega os nosos políticos agochan os verdadeiros intereses; os que lles impiden ser pobo e traballar para o pobo, levándoos a gobernar sobre o pobo dende outra dimensión.

Pois eu quedo coas verbas de frescura de Ada Colau, que move, remove e conmove as conciencias que os nosos políticos non son quen nin de espertar.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania