Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Municipalismo

martes, 19 de febrero de 2013
Este goberno recortador, por forza e por vontade, aborda o tema do funcionamento dos concellos dun xeito decidido e necesario.

Quizais os recortes puramente económicos, o que se consiga aforrar que as cifras son diferentes segundo as fontes de onde procedan, non sexa decisivo ou de por si abondo para solucionar os problemas dos concellos, pero é todo un síntoma e un exemplo de cómo deben manexarse certos temas.

O municipalismo, se así se pode chamar ao funcionamento dos concellos, ao crecemento elefantíaco dos aparatos municipais nos tempos de bonanza, tiña que ter un parón e un axuste. Porque baseados na independencia municipal, os concellos – as corporacións de calquera cor- aprobaban os seus propios soldos, as dietas e compensacións, nunha carreira sen fin que por fin chegou a ao remate. E os alcaldes, que a inmensa maioría son persoas razoables e discretas, viron exemplos desmesurados en moitos concellos que agoiraban a necesidade de acoutar tanta desmesura.

Se ao soldo dos alcaldes nos atemos, hainos que cobran máis que o Presidente do Goberno sen que as atribucións e responsabilidades sexan comparables. Se ás dedicacións exclusivas dos concelleiros, en moitos concellos é difícil de xustificar a funcionarización de políticos para gobernar áreas de actividade razoablemente reservadas a altos funcionarios especializados. E se nos atemos ás competencias municipais, instalacións, aparato burocrático, quizais comprendamos porque chegou Rajoy “y mando a parar”.

Cremos e agardamos que esto non signifique ningunha intromisión do Goberno na independencia municipal nin no respecto que se lle debe ás institucións de máis preto dos cidadáns. Pero visto está que alguén tiña que racionalizar e volver á normalidade os excesos dun conxunto de concellos que se saíron do contexto e do texto.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES