Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Institucións

jueves, 02 de junio de 2005
Toda sociedade precisa de institucións fortes, prestixiosas e dinámicas que artellen regulacións ou emprendan accións que redunden en beneficios para as respectivas comunidades.

Temos abundantes institucións que ordenan a nosa vida: A escala estatal, o goberno; a nivel autonómico, a Xunta de Galicia; nas provincias, as deputacións; nos concellos, as institucións municipais.

Todo este entramado institucional merece a nosa colaboración ós seus cometidos e funcións; ten por definición o noso acatamento para as súas decisións; e debera ter tamén o noso respecto, pero eso xa é outra cousa.

O noso respecto gáñase pola composición e polo funcionamento, polo comportamento dos cargos públicos e a traxectoria institucional. O noso respecto é algo tan inconcreto, tan incontrolable, tan impredecible, que só co paso do tempo se pode conseguir. Polo de agora, non pode supoñerse.

Un vello aviador republicano, Gregorio García, ven de deixarlle os aforros da súa vida (360.000 € a vivenda unifamiliar) ó concello de Astorga, para que o destine ós fins que estime convenientes.

Este legado entronca á perfección coa vella tradición de benefactores galegos, especialmente emigrantes nas Américas, que creaban fundacións ou deixaban os seus bens para que fosen empregados na educación dos seus antigos conveciños.

¿Quen de nós faría eso hoxe? ¿Quen de nós deixaría ó seu concello os seus bens para que os administrase ou lles buscase axeitada aplicación?.

As nosas institucións teñen moito aínda que loitar no camiño do prestixio, no camiño da promoción dos seus territorios e das súas xentes, para lograr a nosa confianza e o seu respecto.

Teñen a nosa adhesión, o noso acatamento... Pero para lograr o noso respecto falta aínda moito. Quizais sexa só cuestión de tempo. Ou quizais non: moito será tamén cuestión de talante e seriedade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES