Interinos
Editorial - lunes, 18 de febrero de 2013
Un funcionario interino é aquel que unha administración contrata ou acolle para cubrir temporalmente unha plaza mentras que esta non se cubra polo seu lexítimo propietario. Desto despréndese, desde a noite administrativa dos tempos que vivimos, que en canto aparece un funcionario titular o interino cesa, ou cando a función remata o interino deixa de ter razón de existir como tal.
Dun tempo a esta parte o que accede a un posto interino, eventual, provisional... entende que acadou unha determinada posición que lle da determinados dereitos nunca establecidos, polos que está disposto a loitar ata o final, contando coa defensa a ultranza duns sindicatos que se apuntan a toda cuestión que en sonoridade sobrepasa un mínimo de decibelios.
Andan agora os interinos do ensino pedindo a dimisión do Ministro
Wert por non dar solución á súa fixación nun emprego que por principio non é fixo senón totalmente provisional, e en lugar de pedir que se convoquen oposicións para conseguir praza nelas de acordo co procedemento habitual pretenden a consolidación dunhas prazas que nunca poderán ser consolidables de acordo coa normativa en vigor. Tendo, claro está, apoio sindical para esta reivindicación.
Que non hai oposicións, é certo. Ou alomenos que non hai na medida e coa periodicidade que sería preciso para dotar axeitadamente as prazas necesarias. E nesta reivindicación calquera persoa ou colectivo ten todo o dereito a pronunciarse. Pero que os interinos pidan que as súas prazas se consoliden, é algo que a ninguén se lle debería ocorrer, por pura definición. E sen embargo paños quentes, sempre- a ninguén se lle ocorre dicir esto clara e rotundamente, para que ninguén se chame a engano.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora