Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estrambótica solicitude

lunes, 18 de febrero de 2013
Tras un momento de relax, Lucrecia Solana colle os papeis que ten sobre a mesa e tras varias voltas consegue colocalos de tal forma que unha grampadora os ata para que non se perdan.

Axiña mete o taco nunha carpeta azul á que introduce no caixón dun armario de arquivo.

Lucrecia Solana volve á mesa e sorrí ante a letra dunha canción que está a oír pola radio; de estilo hip-hop e que está a falar de todo o habido e por haber.

Neste tipo de cancións sempre se mesturan temas de diversa índole. Coa súa man dereita alcanza dun estante que ten á súa beira unha solicitude na que se dispón a escribir uns datos que falan sobre a necesidade de contemplar unha posta de sol dende o alto dun outeiro que se atopa no Chaira, no monte de Pinouzos, en Baños de Molgas.

Dirixe a estrambótica solicitude ao xefe de negociado de Montes dos Pensamentos Perdidos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania