Dous erros moi importantes
Cardalda, Theo - viernes, 15 de febrero de 2013
Desde o Preguntoiro
Ante estes últimos escándalos de corrupción de altos cargos institucionais, empresarios e a Casa Real, os xornais falan de dano á democracia. Non encanto, moitos deses xornais tratan de separar todo esta barafunda do económico e o político. Temos que volver a memoria atrás de que esas prácticas corruptas: Panafreta,Filesa, Malesa,Times Export, fondos reservados, Javier de la Rosa, Mario Conde, Colón y Prado de Carvajal (este coa Casa Real), Deputación de Castellón, Valencia e agora o caso Bárcenas, teñen unha causas.
Este resultado xa ven desde que fixeron aquela transición que foi unha traizón ao pobo español, porque se fixo mal desde o principio, cedendo en cuestións fundamentais. Falando claro, cunha oposición que entregouse de pés e mans ao réxime. O resultado está agora á vista, considero que este réxime actual é un estado de excepción permanente, unha carallada de
democracia. Aínda lembro aqueles cantos á transición polos que estaban gobernando como era o PSOE, inclusive dicían que a nosa volta á democracia a transición política era exportables para calquera país do mundo. Queiran o deuses que ninguén o fixera, xa que tería
hoxe un país apodrecido e abondo de corruptos, corruptores e mangantes políticos.
Porén, o máis triste de todo foi aquel 20 de febreiro de 2005, cando aos españois chamáronnos ás urnas para votar aquel cachifallo de Constitución Europea, engaiolados polo bipartidismo do PSOE e PP. Hoxe estamos pagando as mentiras que dixeron para votar si. Teño a sorte que eu votei non e estou coa miña conciencia moi tranquila. Soamente ler
naqueles anos o artigo III-122 e III-166, xa albiscaba o que nos agardaba no futuro, son artigos que facía referencia aos Servizos Públicos, Seguridade Social e Ensino; reflectía moi ben o que querían escangallar con palabras de galopíns: Servizos Económicos de Interés Xeral. Este era o paso para privatizar tódolos servizos públicos básicos. Dous grandes erros
moi importantes dese acachoupado bipartidismo para saber o que pasa na actualidade.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora