Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dereito de libre expresión

jueves, 14 de febrero de 2013
Dereito de libre expresión – Manda carallo!

Entendemos moi ben o que significaba liberdade de expresión en canto se aprobou a Constitución española, que no seu artigo vinte abría as portas a un campo inmenso no que todos podíamos camiñar e vivir.

Pero xa con anterioridade rexía na administración española un principio quizais nunca escrito, de que calquera oficina debería admitir no seu rexistro calquera escrito a ela dirixido, fose cal fose o seu contido, aínda que fose impropio, xa que o administrado tiña liberdade de dirixirse á administración do xeito que coidase oportuno.

Non obstante, non hai moito tempo que un xulgado do social de Ourense desestimou unha demanda porque nela figuraba a tan galega expresión de “Manda carallo!”, que desde tempo inmemorial vimos empregando para expresar admiración ou asombro.

Sobre o tema foi chamado a resolver o Tribunal Constitucional, en Madrid, quen decidiu que a expresión mencionada, nunha demanda legal, non era causa para a súa desestimación senón que o xulgado ourensán tiña incurrido en arbitrariedade ao non admitir unha demanda en base a razóns carentes de todo fundamento legal.

O idioma, a libertade de expresión por riba de calquera outra consideración. O que a vida, a tradición, a historia, consagrou, que non o anule unha decisión xudicial. Claro que ninguén podía pensar que un tema coma este chegase ao Tribunal Constitucional.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania