
A corporación municipal de Guitiriz ven de acordar por unanimidade pedir que no ano 2006 se dedique o Día das Letras Galegas a Xosé María Díaz Castro.
Por fin, Guitiriz recoñece a talla do primeiro dos seus escritores, que foi patriarca dos poetas da Terra Chá, que é como dicir patriarca da capital poética de Galicia.
Guitiriz veu nacer a Díaz Castro na parroquia dos Vilares, veuno medrar, irse ó Seminario e logo a Madrid, e convertirse, por obra dun so libro - Nimbos - no mellor poeta "relixioso", ou espiritual da Galicia da segunda metade do século XX.
Díaz Castro ten rúa dedicada en Lugo, e agora tamén en Guitiriz. Toda a xente que o coñeceu quedou marcada pola súa personalidade, pola súa sinxeleza, pola súa intelixencia, pola súa cultura... Dominaba prácticamente tódalas lenguas europeas, e conquistaba coa súa palabra.
Psoe, PP e Bng están de acordo en que o gran escritor e magnifica persoa sexa homenaxeado coa data máis grande das letras galegas. ¡Que así sexa!.
Así, ó poeta, que escribiu e viviu marcado pola "sede de luz"; que fixo do Porto Muíño ou de Arxán lugares do paraíso perdido e ó final recuperado, faráselle xustiza despois de morto.
E o Día das Letras fará revivir -¡Semper vivas!- a un dos escritores máis humanos que a Terra Chá (e Lugo; e Galicia) fixo nacer.