Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un Euro

miércoles, 13 de febrero de 2013
Vivimos tempos problemáticos, críticos – se nos atemos á palabra crise, que resume o tempo que vivimos – nos que case todo se pon en cuestión, estamos nunha permanente recapitulación, e o horizonte está tinguido da cor máis negra.

Entre as noticias que se publican e as que circulan polos circuitos da rumoroloxía, son as laborais as que dominan en calquera conversación, destacando nestes últimos días as que se refiren aos despidos que virían de efectuar destacados empresarios lucenses da construcción, que agardan por mellores tempos para volver.

Pero se algo ten que chamar a atención – como a chamou non hai moito tempo a venda da emblemática sede de Caixa Galicia en Lugo sen que se enteraran os membros do consello de goberno da entidade na capital lucense- é a venda do Gran Hotel Lugo por un euro.

A venda dunha empresa por un euro non é nova, e faise cando unha instalación está cargada de tal maneira polas débedas que non é posible adquirila a un precio de mercado, senón que o adquirente faise cargo de todas as débedas existentes liberando delas ao vendedor considerando que ese euro simbólico que se pacta é o elemento visible da transferencia do ben que ven valer igual ou menos que as cargas que ten encima.

O xuiz que entende no caso considerou que esta venda non era admisible e entrou en materia imputando a diversas persoas, polo que hai que agardar decisión xudicial que poña en claro unha situación tan oscura coma o horizonte antes mencionado.

Os lucenses en xeral temos unha querencia especial por este Hotel, que tantas esperanzas despertou hai décadas en canto a promoción de turismo por conseguir que Lugo contase cunha instalación hoteleira de catro estrelas, para a promoción e atención dun turismo de calidade, fomentador de riqueza colectiva.

Naquela ilusionante iniciativa implicáronse numerosos e destacados lucenses que aportaron capital para que este Hotel nacera, e Lugo contase no mundo turístico galego cunha instalación de gran categoría. O tempo encargouse de ir rebaixando aquelas posibilidades, ata chegar á penosa situación actual.

Tema parello parece o que nestes días existe en Vilalba, onde se pecha parcialmente o parador de turismo, dentro do Plan nacional emprendido por Paradores, por problemas da crise económica. Pero resulta que o peche non puido facerse totalmente como estaba previsto porque ao acudir clientes houbo que ter abertas habitacións que ían pechar.

O problema parece estar máis nos dirixentes das instalacións que na crise. O tema do Gran Hotel de Lugo parece ser lastimosamente similar. E o malo é que as consecuencias pagámola todos, toda a ciudade, e de xeito especial os traballadores da instalación hoteleira.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES