As taboas da Lei
miércoles, 13 de febrero de 2013
Como o mundo municipal é un conxunto de individualidades, independencias ao fin, que se rexe en canto a dotacións dos seus edís polo bo sentido dos equipos do goberno, existe a intención de coordinar dalgún xeito esta anarquía, e establecer unhas tablas de máximos para as percepcións de alcaldes e concelleiros en exercicio.
O Goberno central, hai xa tempo, teimou en limitar a liberdade de cada concello de dotarse duns mecanismos económicos moitas veces desorbitados. Pero non atopou a acollida favorable que sería preciso para poder levar a bo término unha acción así.
Pero a situación actual obriga a toma de decisións que outrora sería imposibles, xa sexa pola reducción dos máis de oito mil concellos que ten España 315 en Galicia-, xa por reducir o número de concelleiros, xa pola reducción ou limitación das súas percepcións económicas, sen esquecer que as tres pretensións poden convivir perfectamente para lograr unha situación que satisfaga á maioría, e encaixe na realidade económica e nas escuras perspectivas inmediatas.
O tema, latente, está en estudio en Galicia por parte da Fegamp, no Estado pola Federación Española de Municipios y Provincias, e naturalmente- polo Goberno que sabe que é un tema candente que preocupa ás institucións e aos seus membros máis destacados, ás altas esferas económicas, pero tamén a escala xeral, a todos nós, porque da racionalización deste tema, da organización económico-política dos concellos depende, de xeito moi especial, a tranquilidade cidadá en relación coa administración que lle queda moi preto.
As taboas que se consigan consensuar, serán as taboas da Lei, que deben ser compatibles coa autonomía municipal e a realidade que nos rodea. Serán as taboas dunha Lei que xa non será a do máis forte senón a da rexeneración democrática e económica dos nosos concellos.
Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora