Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Federal

martes, 12 de febrero de 2013
O PSOE, hai un par de meses, anunciou a súa intención de abogar por unha reforma constitucional para transformar o estado das autonomias nun estado federal. E aínda que causou o natural impacto, por vir da oposición non tivo a acollida nos medios políticos e informativos que unha proposta deste tipo debería ter, se ben a formulación non se fixo con todos os requisitos dunha proposta e de xeito oficial.

O estado das autonomías foi o resultado de estudios efectuados hai case catro décadas para dar saída ás forzas sociais que esixían unha descentralización do Estado que viña do franquismo cara a unha democracia. E sirviu durante este longo tempo, o maior tempo de paz disfrutado por este país desde hai séculos.

Pero agora parece chegar ou albiscarse un novo tempo onde algunhas autonomías queren algo máis. Sexa Cataluña que co pretexto da economía aspira á liberdade de elección en canto á pertenza ou non a España. Sexa o País Vasco, onde houbo un independentismo feroz que na actualidade se reconduce por vías democráticas. Sexa en Galicia, onde o nacionalismo é unha minoría moi cualificada que entende chegou o momento de posicionarse ao respecto.

Quizais a proposta do PSOE, cando se formule, vai chegar nun momento difícil no económico, problemático sempre, pero que non é posible deixar de lado sen un estudio concienzudo, tranquilo, en profundidade.

Queda a dúbida de que ese federalismo proposto, que polo mundo adiante ten proporcionado exemplos de convivencia exemplares, pode ser solución para este país por evolución das autonomías existentes. Queda, polo de agora, a incógnita de saber se o autonomismo, o Estado das Autonomías, rematou o seu labor de tantos anos. Queda moito camiño por andar, se é que estamos decididos a percorrer esa vía; se é que chegamos ao convencemento de que ese é o desexable futuro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES