Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Violencia

martes, 31 de mayo de 2005
As novas de mortes violentas apenas merecen unha mención como de pasada nos informativos, telexornais, páxinas de papel ou páxinas virtuais. Son algo cotián.

Poden ser mortes no mar, provocadas polo perigoso traballo e pola inclemencia dos temporais, que afrontamos como cota a pagar pola inmensa riqueza que o mar produce.

Poden ser mortes na terra, en calquera fin de semana, especialmente rapaces novos, que se ofrecen como un sacrificio cruento a un deus incógnito que cada noite sacia a súa sede de sangue no arcén de calquera estrada.

Ou poden ser asesinatos que se producen por presuntos axustes de contas entre os que se adican ó difícil e rendible negocio de comerciar coa morte de outros a través dun polvo branco, ou calquera outra sustancia mortal con apariencia placenteira.

Todo nos parece do máis normal. As novas só duran "vixentes" un par de días, ou menos.

Dous mortos, tres acusados, 5.000 kilos de drogas requisados, un ambiente de enriquecemento repentino en xente que non pode xustificalo con actividade normal... Todo, asumido como normal nunha sociedade con sona de pacífica, vella, tranquila... que habita un fin do mundo afeito a case todo.

Non hai moito tempo, un morto no noso contorno significaba moito máis ca mil mortos na China, en Australia ou en Florida. Un morto en accidente, en agresión, ou voluntariamente, era unha traxedia.

Agora vivimos unha trivialización da perda da vida allea. Que se antes non importaba se non era na nosa comunidade, agora non importa se non é na nosa vila, na nosa esfera, na nosa familia... Ó paso que vamos, moi axiña non importará se non é un mesmo.

Pero os seres humanos seguen tendo valor en sí mesmos; impórtanlles ás súas familias, ás súas comunidades, e teñen que importarlles á súa grande comunidade, neste caso Galicia.

Galicia non pode permitirse seguir vivindo en violencia. E alguén deberá tomar medidas para reducila. E todos deberemos facer un esforzo importante para que cada morte nos afecte como propia, para que cada vida que se perde non sexa unha mención efémera en calquera páxina perdida dun medio de comunicación.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES