Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pactemos un vals

lunes, 11 de febrero de 2013
Foi José Vélez o que en tempos xa históricos fixo famoso o seu tema “Bailemos un vals”. E agora ás veces os políticos, falando de política, parecen interpretar en versión libre o mesmo tema.

O último en pronunciarse sobre este tema bailable foi o secretario xeral do Partido Socialista que abogou por un pacto global entre o PSOE e o PP para impulsar os destinos deste país.

Son frecuentes as chamadas á coordinación entre os dous principais partidos, que van desde un comportamento común para abordar determinados temas sensibles ata un goberno de concentración que permita afrontar os principais problemas do país cun consenso case total.

O tempo que vivimos, especialmente difícil, require especial cuidado na gobernación do país. E non parece que teñamos recibido ese especial cuidado nin ata agora nin agora mesmo, tendo a sensación de que a nave na que viaxamos camiña co timón agarrotado, sometido aos vaivéns que lle marca unha cicloxénerses explosiva interminable, empuxado por todo tipo de suprapoderes que nos manexan de acordo cos seus intereses.

Por eso non é nada extraño que se pense que un goberno entre os dous maiores partidos tería máis facilidades que o de un deles aínda que posúa maioría absoluta, se ben pode dubidarse da viabilidade dunha entelequia así cando na súa actividade diaria non evidencian maior interesa en achegarse a dialogar.

A invitación do PSOE a un pacto global, polos resultados previsibles da xestión, ven ser como unha invitación a bailar nunha pista na que sobran os danzantes e cada quen faino á súa maneira. E sen embargo alguén debera tomar en serio, neste difícil momento, a necesidade de falar, debatir, acordar, e camiñar na mesma dirección.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania