Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A danza da sombra

lunes, 11 de febrero de 2013
Danza a sombra sobre o cristal da ventá e Jonah Smith deixa escapar polos altofalantes o tema My Morning Scene.

O sol asoma por entre dous piñeiros e un terceiro contempla cómo un presunto escritor escribe sobre eles; sobre os piñeiros e sobre o sol.

Tres plantas están a bailar a danza dunha sombra negra que se reflicte na parede e María del Mar Bonet canta Un exèrcit. Bonita canción. Bonita voz.

A sombra colle figura de bailaríns danzando sobre a area dun penedo de granito.

Quere a pomba aterrar sobre a soleira da ventá, pero, ao verme, segue a voar para meterse por entre os piñeiros que estaban a bicarse baixo a ollada da sombra que, agora si, reflicte o terceiro piñeiro.

O presunto escritor escoita o tema Només sempre, de Cesk Freixas. Danza a sombra sobre a meniña dos meus ollos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES