Apoiar o sector lácteo
Blanco Torrado, Alfonso - viernes, 08 de febrero de 2013
Levamos anos advertindo que a desfeita que castiga a produción de leite na Terra Chá, arrastra a toda a sociedade, non acae só laiarse, temos que pór en xogo todas as capacidades para cambiar o rumo da nosa economía.
Temos 3.875 granxas con vacas, e delas 1.551 son explotacións de leite.
Contamos cos recursos fundamentais: territorio e persoal para humanizalo e crear unha dinámica de aproveitamento integral. Non podemos permitir o peche de Alimentos Lácteos, chamado a ser o xermolo dun grupo lácteo galego tan urxente, capaz de transformar o leite entregado, e os gandeir@s teñen que recibir o que é seu polo suministro feito.
Necesitamos para sobrevivir da vexetación e das especies animais. Nun país avellentado, cómpre asegurar o relevo xeracional, non só por unha teima profesional, tamén porque nos vai a vida co abandono da natureza grazas á que respiramos. E non só falamos da formación especializada, tamén do coñecemento do chan para acadar máis rendemento na alimentación do gado, xestionando un banco de terras. É unha cadea, e todo isto favorece unha vida sá para o planeta.
As labreg@s sempre lles correspondeu este labor sanador a prol da sociedade, cultivando e coidando a vexetación, emporiso a desaparición da agrogandeiría reduciría a nosa vida. Non abonda con deseñar xardíns ou paseos ó pé da vivenda, urxe unha planificación dende as ráices, analizando e potenciando a riqueza do chan, para fornecer máis forraxes.
Son apostas económicas e politicas, que non gratuitas, como foi a sabedoría secular de multiplicar as árbores autóctonas no predio familiar, para afastalo do lume, e por outra, porque soñaban que o castiñeiro que non medraba para o seu beneficio, ía rentar a netos ou bisnetos.
Xa o revela a palabra, estamos a falar da cultura do agro. A biodiversidade que disfrutamos non é por xeración espontánea, en cada época tiveron que ensaiar e activar técnicas que axudasen a manter a produción para tod@s os integrantes da explotación.
Hoxe contamos con persoal preparado para experimentar novas estratexias en toda a gama da produción, así as e os alumnos dos ciclos do IES da Terra Chá. Xosé Trapero Pardo en Castro.

Blanco Torrado, Alfonso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora