Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que é a Unión Europea?

viernes, 08 de febrero de 2013
Se non hai un pobo europeo, con soberanía, queren dicirme qué é a UE?, acaso ven a ser un amaño dos intereses neocapitalistas?, tal vez unha entelequia?. Algúns dirán: pero...cómo se lle ocorre isto a tan ousado colaborador, se incluso hai unha Constitución?.

Pois non, non hai tal, posto que non pode habela se non hai unha soberanía popular previa e aquí non existe ese pobo europeo soberano. Entón... qué é iso que chamamos “Constitución Europea”?. Puidera ser acertado dicir que é un galimatías ao servizo dos poderes económicos; pero, por respecto a quen sen dúbida traballou nela con moita preparación xurídica, e tamén porque así o entenden os especialistas, digamos que é un “Tratado Constitucional”, encamiñado a establecer regulacións orgánicas, que non é o mesmo que “Constitución”: Constituír é crear algo, neste caso unha persoa xurídica, a substantivación dun ente xurídico; pero...ollo!, non crea un estado, porque este ten que estar presuposto: sen estado previo non pode haber constitución.

A falta de coordinación en algunhas funcións e a imputación de que dous ou tres Estados integrantes da Unión impoñan aos outros certos criterios a seguir no goberno dos seus respectivos países, aínda que non sexan máis que meras recomendacións vinculantes, por contradictorio que pareza, acusan non só unha deficiencia democrática, senón tamén unha falta desa cohesión á que as complexas unidades políticas non poden renunciar.

E, certamente, a “deficiencia democrática” parece indiscutible, sobre todo se temos en conta que as competencias do Parlamento europeo son ben escasas, porque quen aquí corta o touciño é o Consello, europeo e de ministros, a Comisión e o Banco Central Europeo, que ningún deles ven a ser o resultado dunha elección democrática. Claro, o Tratado constitucional carente de (vontade?) espírito constituinte nin tan sequera necesitou un proceso adecuado para desembocar nunha asemblea que asumira a responsabilidade da redacción.

Sería ocioso esperar dun traballo así que a UE quedara convenientemente definida, sobre todo en algúns aspectos como a democracia, e a mesma liberdade, que quedan, na miña modestísima opinión, moi esvaecidas e embarulladas. Pola contra, o que si se preocuparon de regular con minuciosidade e certa precisión foi o libre mercado e a competencia. E no nos estrañe a angustia e preocupación do déficit, pois na Parte III (Das políticas e funcionamento da Unión) ocúpanse expresa e teimosamente de poñelo de manifesto. Sen embargo, deixan no ar a coordinación fiscal.

As multinacionais poden fretarse as mans, porque a competencia reina neste Tratado e goza de especial atención. Naturalmente, o social non espertou o mesmo interese: a beneficencia, a xustiza, a información, a cultura, etc., son abordadas sempre con certas reservas e moito coidado de non pasarse de marca.

Noutra colaboración ofrecín a miña opinión verbo dos receos de Norteamérica, do capital norteamericano, por lo xurdimento dunha Unión Europea comercialmente potente e competitiva, e abrigaba as dúbidas de que este potente capital americano manobrara para evitalo, utilizando as estratexias que ten moi ben ensaiadas, incluso poñendo ao servizo desto as militares.

Pois ben; o Tratado vincula a política de defensa á OTAN, renunciando implicitamente a un exército europeo que puidera, no seu día, constituír un contrapeso a hexemonía militar norteamericana. O bonito é que á guerra non renuncia nin á potenciación das tecnoloxías militares; pero somete ós estados membros a aumentar os gastos militares (que pagarán por partida dobre: como membros e en achega á Unión): “Os estados membros comprométense a mellorar progresivamente as súas capacidades militares” (art. 41.3). Desta maneira, as multinacionais, principalmente americanas, quedan ben protexidas. En canto ás dos estados membros, salvo excepcións ben coñecidas, cunhas declaracións un pouco axeitadas cómprese.

E por se todo isto fora pouco, no art.42 regúlase o espazo europeo para a liberdade, a seguridade e a xustiza, obrigando as autoridades dos estados membros a cooperar policial e xudicialmente en materia penal. Van a facelo no caso do terrorismo?. Pero...qué entenden os padres deste embarullado Tratado por “terrorismo”?. Acaso non debera crearse un tribunal europeo, incluso, se fora posible, internacional, con competencia exclusiva nesta clase de delitos?.

En canto a xustiza, para os padres do Tratado, parece que non hai máis que a punitiva (consultar art.107). E qué pasa coa distributiva?. (Ah!, de distribuír, nada). Pero tamén hai a conmutativa!. Esqueceron, acaso, mesmo os ámbitos tributario e administrativo?. Moito esquecer é este para non ser intencional. Sen dúbida, debe ser moi deficiente esta leira temática cando ós inexpertos aínda nos queda dabondo por dicir.

Iso si, se no Tratado constitucional nos encontramos con todo o que queda dito e bastante máis que, por razóns de incompetencia, non nos atrevemos a dicir, cuestionarse que sexa a Unión Europea non parece un exercicio de trivialidade.

Nota.-Para información, entrar en
http://europa.eu/lisbon_treaty/full_text/index_es.htm
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES