
O día seis de febreiro de 2013 tivo un significado moi especial para o colectivo da UNED SENIOR de Xestoso co gallo da celebración do ENTROIDO.
Celebrámolo cun programa moi sinxelo pero ó mesmo tempo moi cargado de enerxía positiva; polo que todos saímos enriquecidos.
As diferentes aulas encontrémonos nun restaurante de PADERNE, onde poidemos compartir emocións moi positivas:
O alumnado de MÚSICA amenizou a velada cun amplo repertorio de cancións populares tanto en lingua galega como en lingua castelá.
Os instrumentos musicais integrados polas gaitas, o charrasco, os tamborís, a caixa, os saxos, os acordeóns, o bombo, as cunchas e as pandeiretas, sonaron moi claro e moi forte para manifestar a ledicia do día.
As voces, masculinas e femininas deron o mellor de sí nun amplo repertorio de cancións.
Outros alumnos cantaron como solistas cos súa voz melodiosa e fantástica.

Unha alumna leunos un artigo titulado: A CARAUTA COMO ESTRATEXIA, que foi publicado na portada de Galicia Dixital e tamén no apartado de Opinión.
O noso profesor de Música deixou moi alto o pavillón da Música na Uned Senior de Xestoso.
Os bailaríns e bailarinas poideron gozar do baile e os amantes da boa mesa, tamén.
Moitos dos asistentes aproveitaron para poñer un tinte de color á festa con lucidos e orixinais disfraces.
Presidiron a celebración o noso Coordinador, varios profesores da Uned Senior e alguns representantes municipais.
Foi un día redondo.
Non botamos nada en falta.