Apodrecida Marca España
Cardalda, Theo - jueves, 07 de febrero de 2013
Desde O Preguntoiro
Todo o que está saír da corrupción: Gürtel. Bárcenas e outras herbas podres do campo, ao final non puido manterse por máis tempo nos sumidoiros. A bosta putrefacta non pode agocharse sempre, tarde ou cedo sempre fede. Non encanto, todo o que está a saír desas augas fecais pouco estáse a falar dos corruptores. Coido que sempre hai construtores, entidades financeiras ou donos de grandes corporacións. Son eses chicos que escarállanse os beizos de sorrisos dicindo que temos que traballar máis e gañar menos e ter que ser como os chinos. Estes mozos listillos quizais non saiban que en China fusilan aos corruptos e corruptores. Ían a tela moi clara estes señoritos. Segundo as novas estes mesmos señores son os que acarreiraban ata o cumio do PP o diñeiro cru, o que non sei se en billetes de 500 ou dos outros, para logo quedarse coa sanidade, ensino certas empresas en Madrid e outras Comunidades.
Coido que xamais na historia desta democracia xamais houbo un caso tan grave de corrupción, en especial tan directamente ao Presidente do Goberno e a Monarquía. Ante isto, toda esta tropa achéganse ao surrealismo e esperpento emporcallando moito máis esta festa apodrecida. Explícome: surrealista foi as declaracións do Sr. Rajoy, aos xornalistas. Na sá onde tiña que estar para dar as declaracións e quenda de preguntas dos xornalistas, acachoupouse na cova de Génova e apareceu como un furricallo nun televisor de plasma sen preguntas e enguedellando ao persoal.
Teñen máis cara que un zapato vello o dicir que os delincuentes conspiradores son os mestres,os médicos, os 15M que protestan pola degradación da democracia, os xuíces, fiscais, bombeiros, mineiros, empregados do metro, os fotógrafos que fan o seu traballo, os que escriben nas redes sociais, xubilados, os que rouban para xantar e o tódolos traballadores que maniféstanse contra estes faruleiros que pensan que a maioría dos cidadáns somos uns galopíns.
Para eles todo é mentira e todo é unha conspiración e que estamos todos contra eles. Eles son os únicos conspiradores contra o pobo e contra a democracia. O que teñen que facer é asumir a putrefacción, dimitir convocando eleccións por ética política.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora