Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Reflexo social

jueves, 07 de febrero de 2013
Adóitase dicir que os políticos que nos representan reflicten a totalidade dos representados, que non son mellores nin peores ca todos nós, que son un reflexo social no que mirarnos, porque mirándoos a eles vemos ao colectivo do noso país.

Ese é un bo xeito, candoroso, de ver o que está a pasar, o funcionamento das nosas institucións, a clase política que nos goberna. Pero se así fose non se entende como é posible que para unha parte moi importante da cidadanía os políticos son o problema e non a solución.

Os políticos serían reflexo da sociedade que representan se esa sociedade puidese intervir directamente na súa elección primeira, na súa designación como candidatos. Pero o noso sistema establece que sexan as forzas políticas as que elaboren unhas listas pechadas e delas non podemos asirnos os votantes, co que existe unha fase intermedia que corta o vínculo directo que poderían ter con todos nós.

Certo que pola conta que lles ten as agrupacións políticas escollen os seus candidatos dos sectores máis varios de maneira que se ofreza un abano de influencia social, de maneira que se capten votos dos diversos esstamentos da sociedade. Pero de aí a que reflictan o sentir e o ser da xente que os vota hai un abismo.

Ese é o problema, a lonxanía que nos separa. Porque o político que accede á política e permanece nela durante un tempo rara vez volve ao seu punto de partida despois de haber conseguido o especial status temporal de representante popular. Estamos afeitos a comprobar que unha vez subido ese escalón social, non hai na práctica volta atrás. Precisamente porque moitos non teñen volta atrás que dar por non ter profesión previa que os catapultase – despois do exercizo dunha actividade privada – á representación pública.

Que temos os representantes que merecemos, pois posiblemente asi é porque son escollidos por unha clase política e votados por todos. Pero que sexan reflexo da realidade social, reflexo social de todos nós, aínda non, e fai falla aínda moito esforzo e moito tempo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES