Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

50 euros

miércoles, 06 de febrero de 2013
Agardábamos deste goberno grandes medidas para crear emprego cando comezou a súa andadura hai xa máis dun ano e coidabamos estar en situación límite polo nivel do paro alcanzado. O decurso do tempo veunos poñer de manifesto que a situación límite non se daba daquela, e non parece aínda callar abondo a crenza de que a situación límite é agora mesmo.

En lugar de abrir a man dos créditos bancarios para que as empresas non sexan afogadas pola situación financeira, os bancos seguiron pechados a todo tipo de créditos aos que verdadeiramente o necesitan e conseguindo á súa vez que para eles flúa o diñeiro en cantidades difíciles de entender.

En lugar de fomentar a creación de emprego proporcionando ilusión aos pequenos empresarios e animando o consumo interior do que dependen a inmensa maioría de empresas de dimensión familiar, as novas disposicións no terreo laboral non conseguiron fomentar o emprego senón – aparentemente- o contrario. E neso estamos.

A estas alturas do problema – do ano, da agonía empresarial e laboral- aparece o que pode ser a primeira disposición que fomenta algo do infinito que hai que fomentar, abrindo para os rapaces novos que se convirtan en autónomos unha tímida fenda segundo a que as cuotas dos seis primeiros meses serán somente de cincuenta euros mensuais en lugar dos 255 euros da cuota mínima á seguridade Social.

Con arreglo a esta norma, pegote ou parche, cada autónomo que naza, cada rapaz menor de trinta anos que ouse montar a súa empresa individual recibirá do Estado o equivalente a 1.200 euros, cantidade que aforra na súa cotización nos seis primeiros meses. E se resiste, 80 euros máis ao mes de bonificación nos vinte meses seguintes: 1.600 € máis.

Algo é algo. Pero non cabe esperar que con este ánimo, manténdose o resto das condicións tal como están, aparezan milleiros de rapaces dispostos a arriscalo todo nunha empresa con este gran aval do goberno. Sí, é verdade, algo é algo. Pero se aí se acaban as ideas e as forzas do noso goberno, floxos estamos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES