Onde habita a maxia
Núñez, Pablo - miércoles, 06 de febrero de 2013
Sigo a compartir con vostedes os poemas cos que o xurado do XXXVII Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal me premiou nestas pasadas datas
.
Vai a segunda entrega (a primeira foi publicada tamén neste portal o día 30 de xaneiro)
II Onde habita a maxia
Nos misterios do Nadal
regatos de prata e troitas,
o veciño que nó-las pesca,
outros dous a serrar.
Muiñeiros que moen cedo,
lexionarios no castelo,
todos eles cara a ti,
e ti entre palliñas quentes.
O carpinteiro no labor, asubía,
mestre coma Xosé,
señores de Oriente cabalgan, cantan,
seguindo unha estrela bailar.
Tecedeiras tecen la
e zoqueiros zapatiños,
de madeira e de la virxe
para o neno nado rei.
Están a chegar os magos,
estalou a treboada,
o vento treme con forza
e o lóstrego faino calar,
chuvia nos outeiros, chuvia begontina,
neve nos tellados, neve galega.
Os tronos non te espertan,
a neve vaite mimar,
tres coroas douradas, meu rei,
tres coroas xa no teu lar.
O abrente da chaira,
primeiras luces, branca paisaxe,
ferreiros suando á beira do lume,
E aquela árbore,
serán quen de derrubala?

Núñez, Pablo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora