Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A propósito de Matrimonios

lunes, 30 de mayo de 2005
Aparte dun erro lingüístico, dunha particularidade fisiolóxica e dunha probable desvastación dos innumerables atributos lexislativos, sociais e afectivos sober dos que reposa o matrimonio, o recoñecemento do “matrimonio homosexual” en España é unha aceptación aritmética da homosexualidade. Por engadidura, a adopción de fillos dentro díl implicaría asemade a institucionalización de centros de difusión homosexual -tamén aceptados en principio polo país*.

Pero, fora desto, o Estado ten as súas leis e o Cristianismo os seus mandamentos -mandamentos e leis estas que, coma se sabe, son abondosamente contradictorios-. Para os católicos, o Estado non está resultando ser unha institución só aconfesional, meramente laica, senón abertamente impía. A súa vez, prós lexisladores, o catolicismo tampouco está resultando ser unha institución apolítica, mansa, senón moi probablemente delictuosa.
Así as cousas, xa se ve que Cristianismo e Estado non só son inmiscibles senón inseparables.
Ademais das naturais desviacións que o home se debe a se mesmo, agora -unha vez máis- vai ter tamén que deberlle a estas institucións a inevitable alternativa da proscrición ou o pecado. I elo no só a escala social senón persoal: non soamente estamos sendo acirrados uns contra outros senón individualmente partidos en dous pola conciencia; estamos sendo democrática e “infaliblemente” rotos e baleirados.

O Goberno e os Cristiáns insisten.
O Goberno semella dar por suposto que fai dous mil anos (!) polo menos que o Cristianismo ven perturbando as súas actividades progresistas. Doutra banda, no seu proiecto de liberdade, o goberno amaga con que os funcionarios non teñen dereito algún a obxeción de conciencia. De la Vega e non sei se o bispo Blázquez (“Semanal” de ABC do 29-V) opinan que os homo- e os hetero-sexuais son iguales. Zerolo polo demáis é partidario de antepoñer a política ás conviccións.
Pola contra, cristiá ou non, unha opinión que vense manifestando teimosamente a través do xenio da lingua dende ó século XV -polo menos-, semella pensar que todo esto, máis alá da “recta razón”, da “norma” e da “fonda tristeza” episcopais, é sobre todo un asco. A Eirexa engade ademais que a aceptación dun concepto infértil do matrimonio podería levar ó fin do mundo.
Coido que en ningunha destas cousas hai a dignidade precisa. Que todos nós, uns e outros, estamos faltos de asistencia.

E agora ¿Quen sabe que?
Crente eu, e presunto demócrata con papeles, cada un dos meus dous cachos están pensando xa, nembargantes, que o outro ou é parvo ou minte.
_________________________
* Enquisa do CIS, 10-2004
Andrade, Fernando
Andrade, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES