Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rouban todos

martes, 05 de febrero de 2013
Esa é a crenza popular. Dous homes maiores falando en calquera cruce dun rueiro: “Pois as viaxes do Inserso non lle costa nada ao goberno, porque entre o que rebaixan os establecementos e o que se aforran en pagar o paro aos que así teñen traballo, saelles a pre”. “si, se non fose o que se rouba”. “Eso, todos e en todos os sitios”.

É unha conversación real que, preguntando, afondando, coincidirìa de xeito moi xeral co sentir e a opinión de moitísima xente. A cidadanía pensa que se rouba, que rouban todos ou case todos os que teñen oportunidade, e que o que ten oportunidade e non o fai é porque non se atreve ou non sabe facelo.

Moito tempo ten que pasar, moita mellora social temos que rexistrar para que desapareza esa conciencia colectiva de que o que non rouba é porque non pode. Moito hai que educar nas novas xeracións que se incorporan á sociedade para que saiban pensar doutro xeito. Moitos exemplos imos ter que dar para que os máis novos aprendan que hai outro xeito de ser e de vivir.

Todos temos plena conciencia de que a propiedade de unha persoa remata onde empeza a de outra, que os dereitos son limitados polos dereitos dos demais. E a nosa conciencia indícanos que o roubar é malo porque perxudicamos a outros, que os outros teñen o mesmo dereito ca nós mesmos a que se nos respecten os nosos bens e propiedades.

Pero co público non pasa eso. Temos inconsciencia en relación coa propiedade pública, e en lugar de considerar que é de todos asumimos que non é de ninguén, polo cal o máis espabilado non deixará pasar por diante a oportunidade de conseguir a súa parte do botín.

É tarefa de todos, e non só dos políticos, de demostrarnos a todos que nin todos rouban nin se debe roubar. Que o que é de todos non pode servir para beneficios dun ou duns cantos. Que roubar ao colectivo é aínda peor que o roubo – este sí manifestamente reprobable – a un particular.

Que longo o camiño que nos queda por andar!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES