Licencia única
Editorial - viernes, 01 de febrero de 2013
Énchesenos a boca falando de ventanilla única para a presentación de documentación da Administración, e hai que agardar para o comezo de 2013 por unha licencia única que acredite que unha empresa pode funcionar en todo o Estado español.
Ninguén máis disposto que nós, os galegoS, situados na esquina máis lonxana para entender as vantaxes e a necesidade dunha descentralización autonómica que facilite o autogoberno e o mellor entendemos dos temas que sexa posible administrar por parte dun poder autonómico. Debendo entender tamén que hai determinadas materias exército, moneda, relacións exteriores... que deben quedar excluídas xa que corresponden ao conxunto do Estado.
Do mesmo xeito non é lóxico que unha empresa autorizada para o seu funcionamento nun determinado lugar do Estado, pertencente a unha autonomía, non poida facelo axeitadamente en todas as demais, ou non poida concorrer a determinadas licitacións efectuadas por parte dalgún goberno autonómico.
O goberno central pretende solucionar este problema e ven de aprobar a tramitación dunha Lei que regule a licencia única, do mesmo xeito que calquera certificado sobre un producto efectuado por unha autonomía bastará para que sexa legal e válido en calquera outra.
A Vicepresidenta Sáenz de Santamaría negou que e tratase dunha norma recentralizadora. Verdadeiramente é unha Lei normalizadora, anulando un sen sentido, por considerar que hai materias, temas e feitos que teñen que estar normalizados, unificados, para evitar que un Reino das autonomías se convirta nun Reino de Taifas, ou o que é o mesmo, en linguaxe coloquial - nunha casa de tolos.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora