Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Usa-lo cinto de seguridade

miércoles, 25 de mayo de 2005
Pero, ¿hai alguén que aínda non utilice o cinto de seguridade nos automóbiles?. Parece que sí, aínda que sexa ben extraño.

A experiencia de tantos anos, o tremendismo das campañas informativas, os consellos dos entendidos, e mesmo as medidas coercitivas cada vez máis fortes, deberían ter conseguido o que o sentido común leva moito tempo dicíndonos: Compre usa-lo cinto de seguridade, por tódalas razóns do mundo.

En contra, o cinto só ten a incomodidade que poida ocasionar nos primeiros tempos ós non habituados, ou a súa presunta inutilidade -e aínda contraindicación- en moi determinados casos. Pero a razón, o sentidiño, os consellos e a experiencia indican que no caso dun choque frontal, saída da vía, volcado... o cinto pode salva-la vida.

Un recente accidente no que catro nenos que non levaban posto o cinto perderon a vida, ven de poñer de novo de manifesto a necesidade de protección. E un recente estudio, referido a Galicia, conclúe que dos mortos por accidente nas estradas galegas no que vai de 2005, o cinto tería salvado vintedúas vidas que se perderon por non utilizalo.

Con tódalas reservas que calquera estudio merece, só a posibilidade de que unha vida se houbese salvado entre tódalas demáis, sería factor abondo para abogar pola utilización do cinto. Vintedúas vidas supostamente salvadas son argumento incontestable, que se suma a tódolos demáis argumentos, conviccións ou prohibicións.

Mentalicémonos, polo noso ben. E utilicemos o cinto, pensando na seguridade nosa e dos nosos. E que o peso da Lei caia con todo o rigor sobre os que non cumpran cunha norma que só procura salvarnos a vida.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES