Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sentidiño

miércoles, 30 de enero de 2013
Os galegos sempre tivemos conciencia de que o que nós non conseguíamos con paciencia, os vascos poderían conseguilo con violencia e os cataláns con negociación. Porque a fin de contas somos os tres grandes grupos sociais entre os que conforman España e sabemos – como o sabe todo o mundo- que as autonomías neste Estado, deberan ter sito estas tres en aperitivos feitos á medida e non o café para todos que nos serviron nos albores desta democracia que agora parece quedarlle estreita a algúns.

Os vascos parecen ter entendido que o camiño do futuro non se escribe con violencia e andan a procurar camiños viables. Os cataláns tomárono “pola tremenda” e ameazan con romper a baralla en lugar de repartir xogo e procurar levar unha boa baza, mentras que os galegos estamos a velas vir, e nin os máis puros nacionalistas se pronuncian diante das ansias independistas catalanas como se non fose precisamente agora o momento axeitado para emprender esa aventura estatal.

Extrañou que ata agora a patronal catalana non dixese nada sobre o afán soberanista cando as empresas daquela comunidade son as máis directamente perxudicadas pola recente curiosidade de moitos consumidores polo código de barras que lles informe de onde son os productos que consumen a diario, e a tendencia a deixar de mercar os que proceden dun lugar (Código que comeza por 15), onde se proclama que España, da que polo agora formamos e forman parte, os está a roubar a cotío.

Agora a patronal catalana comeza a moverse, pretendendo pronunciarse sobre a especial situación na que a comunidade se ten colocado. Ben estará que fagan escoitarse se consideran que non están sendo roubados senón que os seus productos teñen no resto de España un mercado sustancioso e moi rendible.

Sempre se fala do “seny” catalán para poñer como exemplo de cómo se conseguen cousas e como se progresa. Nós, temos o “sentidiño”, para definir un xeito de ser e de vivir. Neste caso, pode que conveña ir solucionando os problemas colectivos que temos antes de botar a correr en solitario non sabemos cara a onde. Pero parece como se os industriais cataláns o tiveran bastante máis claro ca a súa clase política. Eles verán.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES