Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Velocidade

miércoles, 30 de enero de 2013
As nosas autoridades deberían poñerse de acordo consigo mesmas en canto a recomendacións aos conductores no tema da velocidade á que se debe circular.

Non hai moitos meses nas autovías e autopistas o límite de velocidade pasou de 120 a 110 para aforrar combustible, entendendo que unha minoración así produciría un moi importante aforro. A medida tivo unha vixencia duns meses, rematou, e todo volveu á normalidade, sen que ninguén nos fixese saber o resultado do experimento.

Agora, como se reduce de xeito importante o uso das autopistas de pago, parece ser que se pode chegar a pasar ese límite de 120 a 130 ou 140, co fin de que os conductores con presa elixan os tramos de pago para chegar máis axiña. Xa non importa o aforro senón que os propietarios das autopistas de pago non sufran merma nos seus ingresos.

Por outra parte estase estudiando baixar a noventa por hora as vías que polo de agora están marcadas a cen. A explicación que se da sobre esta posible medida é que as estradas de menor entidade son nas que os conductores se confían máis, nos traxectos pequenos, e a reducción da velocidade vai permitir salvar vidas.

Seguro que algún especialista en tráfico ou entendido nesta materia lle parece correcto o exposto e mesmo ortodoxo e acomodado nos seus plantexamentos. Pero para os non entendidos no tema de tráfico, non especialistas pero si conductores parece unha tomadura de pelo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES