Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Natureza galega, berce chairego (1)

miércoles, 30 de enero de 2013
Quixera compartir con vostedes os poemas cos que o xurado do XXXVII Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal me premiou nestas pasadas datas, un 2º premio que supuxo unha sorpresa, unha ilusión e unha grande ledicia para min, máis acostumado ao mundo da novela e aos artigos de prensa. Sentinme moi honrado por ter recibido este premio, pero sobre todo por telo recibido nun lugar tan especial e máxico para a miña familia, nesa fermosura feita arte do Belén Electrónico de Begonte.

Grazas de novo aos membros do xurado, e a vostedes, agardo que lles agrade a súa lectura (para non facelo demasiado extenso, dividirémolo en partes, tal e como se presentou ao certame)


I María

Chorabas meu rei, con bágoas de amor,
viñeches coa neve naquel feliz día,
mollados meus ollos e o meu corazón.
Choraba a túa nai ao vires, choraba María.
Son de ledicia, non son de tristura,
bágoas en Belén, máis delas chairegas.

Ducias de rosas mereces, María,
a flor da roseira che dou.
Non canto verbas sen senso,
bailo cantigas de amor.
Ducias de rosas no teu nacemento,
a flor da roseira, meu rei.

Vida agarimosa.
E ti, dona da ledicia,
que lugar tan fermoso!
Raíña de corazóns, nai de Deus.
Miña dona e nai, ducias de rosas recibes,
non nun ramo calquera,
douchas nas mans que me ofreces,
póusoas nas mans que nos queiran.

Fermoso lugar que reinar,
Begonte de estrela infinita,
mundo de maxia no que descansar,
alí é raíña María.
Núñez, Pablo
Núñez, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania