Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lingua e Terra

martes, 29 de enero de 2013
Nun domingo chuviñoso
deste ano que comeza
camiñamos coma irmáns
polas rúas de Compostela,
para reivindicarmos a lingua
e a nosa galega esencia,
e defendela dos autócratas
feitos de natureza necia,
que carretan o espírito podre
e o pensamento cheo de merda.

Mais nós seguimos avanzando
ao carón da xente que asexa,
co ánimo destemido
bafexando o alento de guerra
para que se enteren dunha vez
estes renegados sen conciencia
que non imos cansar,
que non imos darlles tregua,
e canto máis nos ataquen
máis medrará a nosa xenreira.

Porque esta Galiza enxebre,
a Galiza pintada na cor da pureza
non garda silencio mansa,
senón que a súa inquedanza berra.

Daquela, irmáns, en pé firme
e os sentimentos unidos nunha aperta,
coa vontade e as palabras
loitemos pola nosa terra,
contra estes descastados,
fillos da infame caterva,
que maltratan a nosa lingua
coma se fose unha pedra.

Unha lingua secular
que da nosa cultura terma,
para sentirnos orgullosos
de levala como bandeira
dun pobo que ama a liberdade
contra calquera ofensa
que aldraxe o que somos,
galegos dos pés á cabeza.

Galegos coa nosa idiosincrasia
e un corazón que non se enerva,
diante dos apóstatas da patria,
reos da súa propia vileza,
galegos cunha fala que alegra
as coitas do corazón abatido,
as tristuras da vida rexa.

Igual que fan os sublimes versos,
compostos polo excelso poeta,
na friaxe do inverno
ou á quentura da lareira.
Irmán, Galicia ou Galiza,
como ti desexes e queiras,
non marcha polo funil da noite,
senón que na alborada espera
que os seus fillos a amen,
que con teimosía a defendan
dos inimigos que a maltratan,
dos malnacidos que a desleixan.

Galego bondadoso,
nado de limpa xinea,
non cales o teu verbo,
déixao ceibe e berra,
que saiban os ignorantes,
os de ideoloxía perversa,
que os tempos son chegados,
para lustre da gloria galega,
que a vitoria vai connosco
e xa non hai quen a deteña.
Maseda Lozano, Martiño
Maseda Lozano, Martiño


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES